Alexandre Bóveda. Na demanda de restauración Ver mais grande

Alexandre Bóveda. Na demanda de restauración

ISBN: 8484871487

Novo

1 Elemento

David Otero

ISBN: 84-8487-148-7

Catálogo xeral nº 239
Ensaio
Santiago, 2008
235 páxinas
14 x 21 cm

Mais detalles

17,00 €

 Este libro resume, condensa e amplía a bibliografía existente sobre a personalidade política, intelectual e humana dunha das figuras máis relevantes da historia do nacionalismo galego.
  Dificilmente, nun período tan curto de vida —foi asasinado aos trinta e tres anos— se pode desenvolver un traballo tan intenso e fecundo como o realizado por Alexandre Bóveda. Nas páxinas deste libro da autoría de David Otero o lector ou lectora terá ocasión de comprobar o que vimos de sinalar. 
  Como consecuencia da súa decidida entrega na defensa dos intereses e da dignidade da nosa Nación, Alexandre Bóveda sería asasinado o 17 de agosto de 1936 no monte da Caeira en Poio. Minutos antes da súa execución, aínda era quen de ditar a derradeira "leción do mestre": "a miña morte servirá para acadar adeptos á causa galega.Un ben que aínda despois de morto, farei á nosa Terra". Precisamente, o 17 de agosto do ano 2005, o gran poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, no cemiterio de San Mauro, pronunciou unhas palabras en lembranza de Bóveda nas que, entre outras cousas, afirmou: "naquela hora da madrugada negra comezou a medrar a familia dos destinatarios da túa derradeira vontade. Hoxe somos multitude ardente a dos que vivimos contigo na paixón luminosa de Galiza, na homenaxe da túa intelixencia de serena anatomía, do teu claro rumbo de amor expansivo, do teu inimitábel estilo humano e das túas certezas políticas, que son tamén nosas e ti alimentas e coidas desde a memoria dilatada en herdo milenario".

Non hai comentarios de clientes polo momento.

Escribe unha valoración

Alexandre Bóveda. Na demanda de restauración

Alexandre Bóveda. Na demanda de restauración

David Otero

ISBN: 84-8487-148-7

Catálogo xeral nº 239
Ensaio
Santiago, 2008
235 páxinas
14 x 21 cm

Escribe unha valoración

30 outros produtos