Caderno da revolución cultural Ver mais grande

Caderno da revolución cultural

ISBN: 8484871223

Novo

1 Elemento

Xavier Queipo
ISBN: 848-487-122-3
Catálogo xeral nº 221
Ensaio
Santiago, 2007
132 páxinas
14 x 21 cm

Mais detalles

15,00 €

  Este Caderno da Revolución Cultural reúne as colaboracións de Xavier Queipo no programa Diario Cultural da Radio Galega ao longo dun ano. Son o resultado dese comprometerse a ser e neles descubrimos as preocupacións, os intereses, os afectos intelectuais, a cosmovisión, en fin, dun dos autores máis persoais da literatura galega contemporánea. 
  No Caderno da Revolución Cultural atopará o lector, a lectora, a curiosidade do viaxeiro e se demorar na profundidade do detalle, a mirada analítica do científico a se expandir nos territorios da imaxinación, a aventura dos sabores que adxectivan e singularizan cada xesto, cada palabra, as paixóns mariñas, as querenzas asiáticas, as deflagracións íntimas, as contradiccións da materia da vida -"que me paso a vida revisando dogmas e asolagando lastres"- e esoutras rutas que só abre o texto poético. Xabier Queipo pon no aire e agora propón en libro temas para o debate, dende o medio ambiente, o cambio climático ou os incendios até os tópicos identitarios, a Cidade da Cultura, o Día das Letras, ou as condicións do escritor, itinerarios abertos con percorridos que nos poden levar dos nomes das rúas aos entramados simbólicos que sustentamos.

Non hai comentarios de clientes polo momento.

Escribe unha valoración

 Caderno da revolución cultural

Caderno da revolución cultural

Xavier Queipo
ISBN: 848-487-122-3
Catálogo xeral nº 221
Ensaio
Santiago, 2007
132 páxinas
14 x 21 cm

Escribe unha valoración

30 outros produtos