Servicio de urxencias Ver mais grande

Servicio de urxencias

ISBN: 9788483028278

Novo

1 Elemento

Suso de Toro

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO

2ª Edición - Premio de Literatura Infantil e Xuvenil ''LECTURAS'' (modalidade de máis de 14 anos) GALIX 2004.

  • Papel
  • 13 x 21 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 192 Páxinas
  • I.S.B.N.: 978-84-8302-827-8

Mais detalles

11,80 €

A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizada pola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris.O espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papa Noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo. O humor de Suso de Toro, nace da dor, como pensaba Castelao. O humor concibido como unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas. E por iso é sempre máis ou menos cáustico, e por iso encerra o contrasentido de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón. Así sucede nestas situacións das urxencias hospitalarias, as minicomedias que se recollen neste volume: cando as persoas estamos máis desvalidas, vencidas, doridas… Iso é o humor: un modo de ir levando o que nos supera, as derrotas que non inflixe a vida. O humor é un modo de rebelarse contra a derrota.

Non hai comentarios de clientes polo momento.

Escribe unha valoración

Servicio de urxencias

Servicio de urxencias

Suso de Toro

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO

2ª Edición - Premio de Literatura Infantil e Xuvenil ''LECTURAS'' (modalidade de máis de 14 anos) GALIX 2004.

  • Papel
  • 13 x 21 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 192 Páxinas
  • I.S.B.N.: 978-84-8302-827-8

Escribe unha valoración

30 outros produtos