Fahrenheit 451 Ver mais grande

Fahrenheit 451

ISBN: 9788497823104

Novo

1 Elemento

Ray Bradbury

María Magdalena Fernández Pérez (Traductora)

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO

  • Papel
  • 13 x 21 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 208 Páxinas
  • I.S.B.N.: 978-84-9782-310-4

Mais detalles

11,80 €

Fahrenheit 451: a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Guy Montag é bombeiro. O seu traballo consiste en queimar libros, que están prohibidos e son fonte de discordia e infelicidade. Aínda así, Montag séntese desgrazado: o seu matrimonio está en crise. ¿Acaso hai libros agochados na súa casa? O Sabuxo Mecánico do Departamento do Lume, armado cunha agulla hipodérmica letal e escoltado por helicópteros, persegue aos disidentes que se atreven a ler. “Fahrenheit 451” de Ray Bradbury é unha novela situada nun futuro onde a xente xa non se interesa pola literatura. Constitúe xunto a “1984” de George Orwel e “Un feliz mundo novo” (Xerais, 1999) de Aldous Huxley, unha descrición profética da submisión de Occidente aos medios, ás drogas e ao conformismo. A novela de Bradbury resulta asombrosamente visionaria: televisións de tamaño de paredes que mostran telenovelas interactivas; carteis publicitarios de sesenta metros de longo nas estradas; altofalantes en miniatura que a xente leva nos oídos para escoitar música e as noticias; a indiferenza das persoas con respecto a todo. A prosa poética e poderosa de Bradbury fusiónase cunha percepción extraordinaria sobre o potencial da tecnoloxía para crear unha novela que, cincuenta anos depois da súa aparición, aínda ten capacidade de asombrar e impactar.Un clásico da literatura do século XX en galego, unha antiutopía na que os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros vivintes esfórzanse en transmitir de boca en boca a antiga cultura.

Non hai comentarios de clientes polo momento.

Escribe unha valoración

Fahrenheit 451

Fahrenheit 451

Ray Bradbury

María Magdalena Fernández Pérez (Traductora)

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO

  • Papel
  • 13 x 21 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 208 Páxinas
  • I.S.B.N.: 978-84-9782-310-4

Escribe unha valoración

30 outros produtos