Bailarina Ver mais grande

Bailarina

ISBN: 9788483024058

Novo

1 Elemento

Manuel Seixas

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA

  • Papel
  • 14,6 x 22 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 232 Páxinas
  • I.S.B.N.: 978-84-8302-405-8

Mais detalles

16,65 €

Bailarina desenvolve a súa acción no século XXII, no Ano Terrestre 2120. Manuel Seixas crea un Universo de cores e emocións, ateigado de realidade virtual e submisión fronte ó establecido, no que, paradoxicamente aínda existen pequenas estrelas raras. Estrelas que brillan intensas nesta Bailarina, peculiar novela de ciencia ficción inzada de paixón e intriga, na que os personaxes tentan atopar a identidade persoal entre labirintos de información controlada, ou o sentido da súa existencia entre a loucura do amor e o desamor. Velaquí xentes que non son o que parecen, sentimentos enfrontados á razón fría da tecnoloxía máis depuarda, relacións que se entrelazan nun fondo de incerteza e desacougo, nunha especial mestura de enigmas, bágoas e acción.Bailarina propón unha fantastica viaxe a través do espacio do corazón, unha inquietante e persoal visión do futuro, na que o lector pode xogar cos dados do azar á procura da solución para as eternas preguntas sen resposta.Manuel Seixas construíu un Universo Bailarina, xa que a novela se completa cunha exposición de colaxes, obra de Xurxo Romero, “Imaxes para Bailarina” e cunha selección musical dos temas que se escoitan na novela que será acompañarán as presentacións que do libro se realicen nos próximos meses.

Non hai comentarios de clientes polo momento.

Escribe unha valoración

Bailarina

Bailarina

Manuel Seixas

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA

  • Papel
  • 14,6 x 22 cm
  • Rústica cosido a fío
  • 232 Páxinas
  • I.S.B.N.: 978-84-8302-405-8

Escribe unha valoración

30 outros produtos